CGT NAVANTIA-FERROL 8-Outubro-2019 
¡HAI QUE PASAR DAS PALABRAS ÓS FEITOS!
 
NAVANTIA VIOLA O DEREITO DE FOLGA

A folga do mantemento motivou un laudo que di moi clariño que a lei prohibe que se substitúa ós traballadores en folga por outros non ligados á UTE.  
O venres pasado se avariou un guindastre do peirao nº 7, onde está o AAOR2, o que motivou que o Comité de Seguridade o puxese fóra de servizo. Durante a fin de semana foi reparado e onte estivo operativo.
  
SE SEMPRE É GRAVE QUE UNHA EMPRESA VIOLE OS DEREITOS DOS 
TRABALLADORES, QUE O DEREITO VIOLADO SEXA O DEREITO DE FOLGA —UN DEREITO FUNDAMENTAL RECOLLIDO NA CONSTITUCIÓN—, 
QUE NAVANTIA SEXA UNHA EMPRESA PÚBLICA E QUE ESTA ACTUACIÓN SE FIXESE SEN NINGÚN TIPO DE COMUNICACIÓN PREVIA Ó COMITÉ DE EMPRESA FAN MÁIS GRAVE O ACONTECIDO.

O 26 de setembro, o comité de empresa sacou un comunicado dicindo que vixiaría para que os traballadores da UTE non fosen substituídos nin por parte de empresas auxiliares nin por parte do servizo de mantemento de Navantia. Esta actuación por parte da dirección de Navantia (que demostra unha vez máis a súa conivencia cos empresarios da industria auxiliar) debe marcar un punto de inflexión.

A folga xa entrou na súa terceira semana, os compañeiros xa perderon máis da metade do seu salario mensual. E non están loitando por un convenio que cobrarán todos, senón para lograr a readmisión de 9 despedidos. ¿QUE MÁIS TEN QUE PASAR PARA ACTUAR?
  
Hoxe ás 9:00 haberá unha xuntanza entre os comités de empresa de Navantia e da UTE. A POSICIÓN DA CGT SERÁ QUE HAI QUE CONVOCAR 
XA UNHA ASEMBLEA XERAL PARA DEBATER TODA ESTA SITUACIÓN E DECIDIR QUE MEDIDAS TOMAR. Nin os traballadores nin o comité debemos tolerar que as empresas se rían de nós. CHEGOU O MOMENTO DE PASAR DAS PALABRAS ÓS FEITOS.  
 

ENLACES

link IR

link SE

link LyC

materiales