26-xaneiro-2021

A pandemia volve estar descontrolada. Así o revelan os datos, tanto no ámbito estatal, en Galicia e na comarca. A presión sobre a sanidade pública é brutal.
A Xunta de Galiza anunciou onte as medidas mais restritivas dende o confinamento total de marzo-abril, pero mantendo en funcionamento moitos sectores NON ESENCIAIS. Antepoñen os intereses das grandes empresas á saúde dos traballadores. Seguen a xogar coas nosas vidas!

Navantia non é unha illa, como demostra o importante aumento de positivos na factoría no que vai de 2021 (Turbinas, Almacén...), incluídos varios TES. Ademais, houbo casos de contaxios a familiares de idade avanzada. A dirección de Navantia está a tratarnos coma carne humana, colaborando na matanza que está a provocar unha avaricia capitalista que antepón os beneficios privados á saúde pública.
Ó inicio da pandemia, a CGT esixiu a suspensión de actividade, nun momento en que a situación era menos grave que agora. A experiencia demostrou que a mellor medida é a distancia social. De feito, moitos científicos están a pedir un novo confinamento. Pero a patronal oponse.
Ó inicio do verán, ante a mellora da situación, esiximos unha batería de medidas que entendíamos necesarias: fomento do teletraballo, licenza retribuída para os TES que non poidan teletraballar, investimentos en sistemas de ventilación e hixienización, aumento drástico dos traballadores de limpeza..., tanto na principal como nas auxiliares.
Amosando un desprezo absoluto pola vida dos traballadores, tanto a dirección de Navantia como a patronal da IA esixiron o traballo presencial e masificaron as instalacións sen tomar ningunha medida seria.
A situación volve ser grave. Dado que a actividade de Navantia NON é esencial, a CGT ESIXE A SUSPENSIÓN INMEDIATA DA PRODUCIÓN, SEN PERXUÍZO ECONÓMICO PARA OS TRABALLADOR@S.
Os capitalistas están aproveitando a pandemia para aumentar aínda máis a explotación laboral. TÓDOLOS TRABALLADORES, TANTO DA PRINCIPAL COMO DA IA, TEÑEN QUE TER GARANTIDO O 100% DOS SEUS SALARIOS,
cartos que teñen que saír dos beneficios millonarios amasados pola patronal de auxiliares durante anos a costa do esforzo e a saúde dos traballadores.
A SAUDE É O PRIMEIRO!
A FACTURA DA CRISE, QUE A PAGUE A PATRONAL!

 


CONFEDERACIÓN XERAL DO TRABALLO - Sección sindical unitaria en Navantia-Ferrol Telf. int.: 1213 IVIDADE, GARANTIR


ENLACES

link IR

link SE

link LyC

materiales